Castro de Elviña

 Inicio /  Localizacións / Castro de Elviña

 Camiño das Penas da Agrela 7-17. 15008 A Coruña
Contacto:  981 920 010


Poboado protohistórico que estivo habitado entre o século III a.C. e o século IV d.C. O recinto consta de tres espazos amurallados. A croa, ou zona máis elevada, está rodeada dunha muralla duns 4 ou5 m de altura e no seu interior agrúpanse as pequenas construcións. As terrazas inferiores mostran murallas de menores dimensións e edificacións diversas, como o singular pozo-alxibe.