Trámites e permisos

 Inicio / Trámites e permisos

Permiso xeral

Para a realización de rodaxes ou gravacións audiovisuais na cidade, inclúe reserva temporal de uso de espazo público, cortes de tráfico, actividade en parques, xardíns, cemiterios e outras instalacións públicas, instalación de carpas, escenarios e/ou grupos electróxenos e manipulación de mobiliario urbano.

Prazo de solicitude: 15 días naturais antes da rodaxe se esta non implica cortes de tráfico, uso de espazos de titularidade municipal ou uso de instalacións auxiliares (carpas, escenarios). 30 días naturais se existe algún dos supostos citados.

Descarga aquí a solicitude e envíanola a producion@academiagalegadoaudiovisual.gal.

Descargas

Comunicación de Rodaxe: simplificada

Necesaria para rodaxes  ou gravacións audiovisuais con equipo material e técnico reducidos (menos de 10 persoas),  que non requiran  instalación de elementos fixos, reservas de ocupación de vía pública, uso de instalacións municipais, cortes de tráfico, etc.

Descarga a comunicación de rodaxe simplificada e envíanola a producion@academiagalegadoaudiovisual.gal.

Prazo de solicitude:  Polo menos 10 días naturais antes do inicio da rodaxe.

Permisos especiais

Rodaxe en praias e zona costeira

Para  a  rodaxe  en praias  o  zonas  xestionadas  pola Demarcación de Costas  deberase solicitar permiso á Oficina da Demarcación de Costas da Coruña.

Demarcación de Costas del Estado en Galicia

Rúa San Pedro de Mezonzo, 2. 15005 A Coruña

Tlf: 981  148  604

Para a solicitude de permiso requírese a presentación dun documento que indique:

  • Zona que se solicita e actividade que se vai realizar  (indicando  se  se  van   instalar  elementos técnicos na zona de costa tales como iluminación, grúas, etc…)
  • Días e horarios.
  • Datos de contacto.
  • Mapa de deslinde indicando a zona que se solicita. O mapa será facilitado pola propia oficina de Demarcación de Costas da Coruña.

 

Deberá entregarse no Rexistro nas oficinas da Demarcación de Costas da Coruña. Unha  vez  presentado, emitirase un  recibo  de taxa  Administrativa  de  aproximadamente  92€. A taxa cóbrase por apertura de expediente.

Prazo de solicitude: Polo menos 30 días naturais antes do inicio da rodaxe.

Unha  vez  estudiada  a  solicitude,  desde  a  Demarcación  de  Costas  emitirase  un escrito de autorización ou denegación.

Ademáis  desta solicitude,  a produtora  deberá  consultar  con  ACO  se  algunha  das  zonas  solicitadas  de praia  ou  costa,  dentro  da  cidade,  é  de competencia  municipal.  En  particular,  o conxunto das illas de San Pedro está declarado Espazo Natural de Interés Local, polo que para o desenvolvemento de calquera actividade neste espazo, haberá que ter en conta o disposto no Plan  de  Conservación. Este está  dispoñible  no Servizo de Medio Ambiente, polo que será necesaria autorización municipal.

Rodaxe en Zona Portuaria

Para  a  rodaxe no Porto  da Coruña  ou  zonas  portuarias,  a  produtora  deberá  solicitar un permiso á Autoridade Portuaria da Coruña.

Autoridade Portuaria da Coruña

Rexistro de Entrada. Avda. da Marina 3. 15001 A Coruña

Tlf:  981  21 9 6 21

Para a solicitude de permiso requírese a presentación da siguiente documentación:

Escrito indicando:

  • Zona que se solicita e actividade que se vai realizar (indicando  se se  van  instalar  elementos técnicos tales como iluminación, grúas, carpas, etc)
  • Días e horarios.
  • Datos de contacto.


Achegarase tamén unha copia do seguro de rodaxe.

Unha  vez  recibida a documentación, desde  Autoridade  Portuaria  comunicarase  a autorización  ou  denegación  da  solicitude, atendiendo  ao bo funcionamento das actividades portuarias.

O  prazo  de  presentación  de  solicitudes  xerais será de  15  días. En caso de rodaxes que impliquen unha complexidade elevada ou varios días de ocupación, deberase solicitar a autorización coa maior antelación posible.
Autoridade Portuaria non cobra taxas por rodaxe pero sí por ocupación de espazo para instalación de estruturas fixas, tales como carpas, andamios, escenarios, etc.

O Manual de Rodaxe contén toda a información para levar a cabo rodaxes ou gravacións audiovisuais na cidade da Coruña, como tipos de trámites, taxas, prazos para a solicitude de permisos e normas de actuación.

Descarga o Manual de Rodaxe da cidade da Coruña aquí.

  • Entrega dunha copia do seguro de responsabilidade civil da produción antes do inicio da rodaxe.
  • Acreditación da liquidación de taxas (se procede) antes do inicio da rodaxe.
  • En caso de instalación de carpas ou escenarios: proxecto de instalación suscrito por un técnico e certificado técnico de estabilidade, montaxe e medidas de seguridade.
  • Ao finalizar a rodaxe, se deberase cubrir o seguinte Formulario Económico e envialo a producion@academiagalegadoaudiovisual.gal.
  • Entrega en ACO de, alomenos, dúas fotografías da rodaxe ou gravación en alta resolución.
  • Entrega dunha copia do proxecto rodado, con autorización para utilizar imaxes do mesmo en iniciativas de promoción da cidade.